Saltar al contenido
Portada » Novas » Un tanto de diferenza decide o encontro en Lezama para un Arenteiro que mereceu máis

Un tanto de diferenza decide o encontro en Lezama para un Arenteiro que mereceu máis

Un tanto de diferenza decide o encontro en Lezama para un Arenteiro que mereceu máis

O Club Deportivo Arenteiro caeu por dous a un en Bilbao e regresou sen puntos, pese a unha boa reacción final co gol de Ochoa

O Club Deportivo Arenteiro chegaba a Lezama coa misión de recuperar sensacións fronte ao filial do Athletic Club de Bilbao. Baixo a dirección de Luis Vilachá, os verdes formaron con Diego na portería; Jordan, Lohr, Gorka e Llácer en defensa; Bastida, Aguza e Julen Jon na medular; e Ferreiro, De Camargo e Mingo como tridente ofensivo. O choque arrincou igualado, con ambos equipos medindo forzas: o Arenteiro trataba de aproveitar a súa mobilidade e boa ocupación de espazos en campo rival, mentres o filial vizcaíno amosaba atrevemento, velocidade e transicións moi rápidas.

A igualdade romperíase pasado o primeiro cuarto de hora, cando Aritz Conde anotaba o primeiro tanto da tarde. Un golpe duro para os verdes que, lonxe de baixar os brazos, continuaron competindo con empuxe nunha primeira metade na que o acerto non estivo do seu lado.

A segunda parte mantivo o esforzo e o compromiso dos carballiñeses, aínda que sen a precisión necesaria nos metros decisivos. Conde e Buján convertéronse nas maiores ameazas do Athletic, obrigando os galegos a manter unha estrutura defensiva moi ordenada. Moreno e Cuéllar deron aire fresco polos costados, buscando máis profundidade e desborde con dous futbolistas de perfil claramente ofensivo. O Arenteiro non lle perdeu a cara ao partido en ningún momento, intentando mudar unha dinámica que seguía resultando adversa.

O traballo do conxunto visitante non atoparía o seu merecido premio. Pola contra, sería o equipo vasco quen ampliaría a súa vantaxe grazas ao tanto de Ibon Sánchez no último cuarto de hora. Brais, Ochoa e Eliseo sumaron enerxía dende o banco nun tramo final moi esixente. O premio parcial chegou cun gol do dianteiro rioxano, que recurtou distancias e mantivo viva a esperanza ata o pitido final.

Un esforzo notable pero insuficiente para un Arenteiro que regresou de baleiro de Lezama, coa sensación de ter feito méritos para máis.

Noticias relacionadas

COMUNICADO OFICIAL

Tras unha valoración conxunta da dirección, do adestrador e do corpo técnico, decidiuse que o CD Arenteiro non participe na Copa Federación prevista para este

A SOCIOS/AS CLUB DEPORTIVO ARENTEIRO

Hoxe, 30 de xuño de 2026 ás 12:00 da mañá consumouse o impago da débedacontraída coa plantilla durante o pasado curso 25/26. A comisión mixta