O Carballiño, a 15 de Xuño de 2026
O Presidente de Club Deportivo Arenteiro, en atribución ás súas funcións e de conformidade cos estatutos do Club, CONVOCA a ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DE SOCIOS/AS, a celebrar en AUDITORIO MANUEL MARIA do Carballiño o próximo día Xoves 25 de Xuño ás 20,00 horas en primeira convocatoria e ás 20,30 horas en segunda e definitiva, co seguinte, orde do día:
1.- Informe deportivo, social e económico actual do club.
2.- Ratificación da dimisión de D. Argimiro Marnotes Fernández como Presidente de Cub Deportivo Arenteiro.
3.- Dar conta das Propostas presentadas como candidato/ta a Presidencia o club.
4.- Defensa das propostas realizadas por parte dos/as interesados/as que se presentan á Presidencia.
5.- Elección de Presidente-ta de Club Deportivo Arenteiro por votación dos socios/as
6.- Proclamación do Presidente de Club Deportivo Arenteiro
7.- Intervención de Socios/as.
Entrada exclusiva a socios/as de CD Arenteiro, con carnet da tempada 2025/26 ao día en pago e terán dereito a voto aqueles socios/as maiores de edade.
APERTURA DE PRAZO PARA PRESENTACIÓN DE CANDIDATO-TA Á PRESIDENCIA DE CLUB DEPORTIVO ARENTEIRO
D. Argimiro Marnotes Fernández, Presidente de Club Deportivo Arenteiro, presenta a súa dimisión do seu cargo, para que sexa con efecto dende o dÍa 26 de xuño do presente ano, polo que procede:
1.- Convocar apertura de prazo ata o día 24 de Xuño de 2026 as 23,59 h. para a presentación deproposta de candidatos-as á Presidencia do Club, que serán presentadas no email cdarenteiro@gmail.com
2.- Convocarase asamblea extraordinaria para o día 25 de Xuño de 2026, onde será proclamado Presidente-a a proposta que sexa mais votada polos socios-as.
Asdo.: D. Argimiro Marnotes Fernández
Presidente de CD Arenteiro

