O C.D. Arenteiro pon o broche final á tempada este sábado 23 de maio cun desprazamento á cidade de Lugo para medirse ao C.D. Deportivo Lugo no Estadio Anxo Carro. Nun encontro que dará comezo ás 18:30 horas. O conxunto verde pechará a liga lonxe do Carballiño nunha última cita que suporá a derradeira parada desta campaña.
Todo o equipo viaxará ata Lugo, aínda que non entran na convocatoria por sanción ou lesión: Alpha, Mingo, Diego Moreno, Bastida e Jordan.
#CamiñaConNós
