Saltar al contenido
Portada » Novas » A SOCIOS/AS CLUB DEPORTIVO ARENTEIRO

A SOCIOS/AS CLUB DEPORTIVO ARENTEIRO

A SOCIOS/AS CLUB DEPORTIVO ARENTEIRO

Hoxe, 30 de xuño de 2026 ás 12:00 da mañá consumouse o impago da débeda
contraída coa plantilla durante o pasado curso 25/26. A comisión mixta da AFE esixía
o pago de 247.000€ e o clube foi incapaz de facer fronte a dito pagamento o que
deriva no descenso administrativo a 3 RFEF por parte do equipo sénior masculino.

A praza na 2 RFEF será posteriormente poxada e adxudicada a outro equipo, máis esto
non fará desaparecer a débeda senón que a reformula. O clube terá que facer fronte
aos xa comentados 247.000 e agarda que o planten tamén reclame o mes de xuño
non incluído na demanda inicial polo que sumaríamos ao redor de 80.000€. Deste
modo, a débeda coa AFE quedaría en torno aos 327.000

A maiores do descenso, este impago conleva dúas consecuencias derivadas: en
primeiro lugar, o clube non poderá ascender namentres teña esta débeda sen pagar,
e, segundo, o clube deberá avalar un 20% da débeda pendente para poder saír a
competir en 3 RFEF. Este aval estimado duns 65.000€ será avalado persoalmente polo
novo presidente da entidade, Francisco Vázquez Rogel.

En paralelo, o clube debe facer fronte a outras dúas débedas de xeito inminente para
poder seguir competindo: Seguridade Social e Facenda. Entre ambas as dúas
administración, o clube arrastra unha débeda de aoredor de 230.000€ aos que debe
facer fronte na segunda metade do próximo mes de xullo. A idea do clube é alcanzar
un plan de pagos que garanta a viabilidade do clube e os pagos coas administracións.
Esta cuestión resulta fundamental, xa que sen acadarse ditos acordos, o clube non
podería acceder a financiación nin pendente nin futura.

O CD Arenteiro ten actualmente pendente de cobro aoredor de 450.000€. O que
podería supor unha bolsa de osíxeno fundamental para a súa supervivencia xa que
poderíanse pagar aproximadamente un 80% das débedas coas administracións e cos
xogadores ou, se así o decidise a asemblea, empregalos para facer fronte ao
calendario de pagos potencialmente acadados pola presidencia.

Tamén existe unha débeda con acredores privados de todo tipo aos que se lles
adeudan uns 650.000€ segundo as informacións do pre-concurso de acredores. Con
eles preténdese chegar a un convenio que garanta o pago íntegro do diñeiro en
prazos asumibles para o clube.

Por último, o préstamo coa familia Arribas coma inversora durante as pasadas
campañas. Con este grupo existe unha débeda recoñecida de 1.2 millóns de euros
convertibles en accións dunha futura SAD. Dada a imposibilidade de dita conversión
na actual situación do clube, esta contía debe ser negociada no seu momento para
acadar algún tipo de acordo xa que a día de hoxe, a nova directiva descoñece o
potencial alcance que podería ter a non conversión en SAD e polo tanto, a non
devolución desta contía coa familia Arribas.

Coma podedes ler, a situación é crítica, máis conseguindo os acordos necesarios con
administracións e o concurso de acredores, o grupo motor da nova directa considera
que existen posibilidades de poder saír a competir na tempada 26/27 en 3 RFEF e
dende a mesma estabilizar a situación financeira do clube evitando así a desaparición
do clube case 70 anos despois do seu nacemento.

Para este cometido, actualmente plantexamos a creación de 7 grupos de traballo:

1) Xestión de crise financeira: Liderada polo presidente Francisco Vázquez, o
seu propósito será a consecución dos acordos para dotar dos prazos necesarios
para pagar a débeda adquirida polo clube na etapa anterior.

2) Comunicación e Área Social: Este equipo ten coma obxectivo comunicar de
xeito absolutamente transparente todo o que vaia acontecendo no seno do CD Arenteiro e achegar, de novo, o clube aos seus afeccionados e veciños.

3) Relacións institucionais: Este equipo ten coma obxectivo a reconstrución das
pontes entre o clube e os seus socios institucionais: administracións públicas,
empresas, tendas… coa finalidade de que a confianza e o apoio mutuo volten
ser as señas de identidade das nosas relacións.

4) Marca Arenteiro: Grupo encargado de expandir a marca CDA, traballar o
merchandasing, patrocinios, etc.

5) Dirección Deportiva: Ten coma labor a confección dunha plantilla de
xogadores que garanta a competitividade do clube.

6) Equipo feminino: Grupo encargado do desenvolvemento do equipo feminino.

7) Canteira: A xestión dos nosos cativos. En colaboración co Concello do
Carballiño, creamos tamén un equipo que pretende reestruturar
completamente o funcionamento da nosa canteira para seren máis
competitivos, máis xustos e sobre todo, máis accesibles.

Se ao ler esta carta, sentes coma nos que a pesar da complexidade do reto, somos
quen de darlle a volta. Se sentes que tes a capacidade de axudar en calquera das áreas
que definimos ou consideras que deberiamos abrir outra liña de traballo ou se, en
definitiva sentes ao CD Arenteiro; podes escribir ao enderezo electrónico do clube e
estaremos encantados de recibir e escoitar a calquera persoa, empresa ou
administración que queira arrimar o ombreiro xunto con nos.

FORZA ARENTEIRO


Grupo motor CD Arenteiro 26/27

Noticias relacionadas