Saltar al contenido
Portada » Novas » Parte médico Babu

Parte médico Babu

Parte médico Babu

O CD Arenteiro informa que, tras as pertinentes probas médicas realizadas ao xogador Babucarr Boye, despois da lesión sufrida no seu xeonllo esquerdo, o servizo médico do club objetiva unha lesión compatible con rotura do ligamento cruzado anterior.

O xogador atópase xa baixo as pautas determinadas polo xefe dos servizos médicos do club, Don Adrián Gallego, e a operación terá lugar nos vindeiros días.

Lamentamos profundamente este infortunio, no que o club apoiará en todo momento ao xogador, poñendo á súa disposición todos os recursos necesarios para asegurar na medida do posible unha próxima e óptima recuperación.

Servizos Médicos CD Arenteiro

Noticias relacionadas

Comunicado Oficial | 12.05.2026

O CD Arenteiro quere trasladar unha mensaxe inequívoca de apoio aos seus traballadores e ao resto de compoñentes da familia verde, consciente das dificultades derivadas