Saltar al contenido
Portada » Novas » Juanfran: “Temos que facernos fortes na casa e buscar a portería a cero”

Juanfran: “Temos que facernos fortes na casa e buscar a portería a cero”

Juanfran: “Temos que facernos fortes na casa e buscar a portería a cero”

O adestrador do CD Arenteiro compareceu na previa do encontro desta fin de semana en Espiñedo, onde o conxunto verde recibirá ao Mérida cun obxectivo claro: sumar tres puntos que permitan seguir con vida na loita pola permanencia. O técnico destacou a fortaleza anímica do grupo, mesmo nun contexto complicado fóra do campo.

“Vexo á plantilla súper enteira. Sabemos a situación que hai, pero os xogadores están a demostrar cada día que non lles afecta no rendemento”, sinalou Juanfran, que se amosou orgulloso do compromiso do equipo: “Compiten cada fin de semana e adestran ao máximo nivel, incluso en momentos difíciles”.

O míster puxo en valor o traballo realizado nas últimas xornadas, aínda que lamentou a falta de recompensa en forma de puntos: “O fútbol non está sendo xusto cos rapaces. Estamos moi preto de gañar moitos partidos, pero por detalles escápansenos”. Neste sentido, insistiu en que o equipo “non se vai deixar ir en ningún momento” e que o obxectivo inmediato é “darlle unha alegría á afección”.

A nivel táctico, Juanfran recoñeceu que o equipo xa introduciu variantes, como o cambio ao 4-4-2 no último encontro, adaptándose ás circunstancias do rival. Para este partido, ademais, contará coa baixa de Lasure, un xogador importante pola súa versatilidade: “Dános diferentes opcións no sistema, pero buscaremos a mellor solución co que temos”.

Sobre o rival, o técnico destacou que o Mérida é “un equipo competitivo, con opcións de playoff”, aínda que tamén apuntou unha das súas debilidades: “Fóra da casa baixa o seu rendemento, e iso é algo que temos que aproveitar”. Aínda así, evitou centrarse en exceso no adversario: “Nós temos que pensar en facernos fortes en Espiñedo e saír a por todas desde o primeiro minuto”.

Juanfran tamén analizou as claves do encontro, facendo fincapé na importancia da concentración e do equilibrio: “Somos un equipo que se move en marcadores curtos, que sempre fai gol. O importante é manter a portería a cero. Se conseguimos iso, teremos moitas opcións de gañar”.

Finalmente, o adestrador lanzou unha mensaxe á afección, agradecendo o seu apoio constante: “A xente está a ter moita paciencia e sabe que o equipo o está dando todo. Pedímoslles que sigan con nós, porque o equipo vai saír a por todas”.

Con todo, o Arenteiro afronta unha nova oportunidade para cambiar a dinámica e converter o traballo das últimas semanas en puntos fundamentais.

Noticias relacionadas