Saltar al contenido
Portada » Novas » Juanfran: “O equipo competirá da forma máis profesional e honrada posible”

Juanfran: “O equipo competirá da forma máis profesional e honrada posible”

Juanfran: “O equipo competirá da forma máis profesional e honrada posible”

O adestrador do CD Arenteiro, Juanfran García, compareceu na previa do encontro desta fin de semana fronte á SD Ponferradina, último partido da temporada en Espiñedo para o conxunto verde.

O técnico valenciano explicou que o grupo tratou de recuperarse anímicamente tras a última derrota: “A semana foi o mellor posible. Xa pasamos o desgusto e preparamos o seguinte partido con bo traballo”.

Juanfran quixo destacar unha vez máis o comportamento da plantilla nun contexto complicado: “Os xogadores están levando todo da mellor maneira posible. Dan a cara constantemente, e iso é o que realmente conta”. Ademais, lembrou as dificultades acumuladas durante a campaña: “Ao deportivo sumáronse moitas situacións durante o ano, e non foi nada fácil. Estou moi orgulloso deles”.

Sobre o rival, o preparador verde definiu á Ponferradina como un equipo confeccionado para pelexar polo ascenso: “É unha plantilla feita, como mínimo, para disputar o play off. Só lles vale gañar”. Aínda así, deixou clara a intención do Arenteiro: “Van atoparse cun equipo que quere dedicarlle unha vitoria á súa xente”.

O encontro suporá ademais a despedida da temporada en Espiñedo, algo ao que Juanfran deu especial importancia: “Queremos despedirnos do noso estadio coa mellor sensación posible, porque a afección meréceo”.

O técnico tamén tivo palabras de respecto cara ao club berciano: “En Ponferrada temos amigos e xente moi boa. É un gran club, pero o domingo imos polos tres puntos”.

Analizando ao rival, destacou a súa estrutura e potencial: “É un equipo moi organizado, con ideas claras e futbolistas de nivel moi alto. Teñen un orzamento pensado para ascender”. Por iso, advertiu da esixencia do choque: “Van obrigarnos moito a nivel defensivo e teremos que estar concentrados ao máximo”.

En canto ao plan de partido, Juanfran explicou que buscarán un encontro controlado desde o inicio: “Intentaremos un comezo no que non pasen demasiadas cousas e, desde aí, medrar pouco a pouco no partido”.

No apartado de baixas e altas, o Arenteiro recupera a Chuca e Bastida, mentres que Jaume non poderá estar por sanción. O resto de ausencias mantéñense respecto á pasada semana.

Por último, o míster verde insistiu na intención do equipo de competir ata o final: “Para nós non está sendo fácil, pero este grupo vai competir ata o derradeiro día da forma máis honrada e profesional posible”.

Noticias relacionadas

Comunicado Oficial | 12.05.2026

O CD Arenteiro quere trasladar unha mensaxe inequívoca de apoio aos seus traballadores e ao resto de compoñentes da familia verde, consciente das dificultades derivadas