Saltar al contenido
Portada » Novas » Derrota pola mínima que deixa sen puntos a un CD Arenteiro que o intentou ata o final

Derrota pola mínima que deixa sen puntos a un CD Arenteiro que o intentou ata o final

Derrota pola mínima que deixa sen puntos a un CD Arenteiro que o intentou ata o final

O gol de Kevin marcou a diferenza no electrónico no choque contra os asturianos.

O Club Deportivo Arenteiro visitaba o Suárez Puerta coa misión de loitar polos puntos en xogo ante un dos rivais máis en forma da categoría. Once de garantías disposto por Arribas para tentar atopar o camiño cara a un premio xa perseguido con afán e esforzo nas xornadas precedentes. Primeiros minutos de contemporización con ambos conxuntos buscando espazos e cun Arenteiro ordenado e serio, que trataba de aproveitar as oportunidades que xurdían co paso dos minutos. Houbo chegadas en ambas áreas, e tamén protagonismo para as defensas e gardametas. Diego García convertíase en figura fronte a Campabadal para evitar o primeiro da tarde.

O desenvolvemento da primeira metade deixaba ver un Arenteiro ambicioso aínda que sen fortuna nos metros finais. Os verdes tentaban ocupar espazo en faceta ofensiva buscando a conexión con Martín Ochoa en punta de ataque e con Richarte polo carril exterior. A sorte non acompañaba aos visitantes nesta tarde, xa que tras unha gran ocasión que non se transformaba en gol tras golpear no pau da meta local, sería o Avilés quen se adiantase no marcador grazas ao gol de Kevin. Un envío dende a frontal tras pase de Campabadal que superaba a Diego na súa estirada.

A segunda parte mantíña o ton intenso visto na primeira. Os homes de Arribas trataban de atopar o camiño cara ao empate, e o equipo adiantaba liñas e metros para situar o bloque preto da área rival. As ocasións repartíanse e o conxunto verde melloraba as súas sensacións en ataque, aínda que tamén se vía obrigado a equilibrar o debuxo en materia defensiva para evitar os envites dun Real Avilés ambicioso en todo momento. Aguza e David Ferreiro entraban no terreo de xogo para sumar criterio e creación nos carrís centrais á construción ofensiva.

A tarde non favorecía os intereses verdes, e o Arenteiro, malia manter o seu empuxe e ambición por lograr o empate, vía como o segundo acto se esvaecía sen fortuna nos metros finais. Máis intentos e máis chegadas que, con todo, non terminaban de concretarse en tanto. Dani González, William e Mingo tamén se sumaban ao reto para achegar músculo e chegada nunha zona crítica que precisaba dun novo acerto para converter as ocasións en boas noticias. A pesar dos intentos desenvolvidos, o Real Avilés remataría impoñendo a súa lei e os tres puntos quedaban en terras asturianas, deixando sen premio ao equipo verde, que terminou dominando no control de balón, aínda que sen fortuna na definición.

Noticias relacionadas

COMUNICADO OFICIAL

Tras unha valoración conxunta da dirección, do adestrador e do corpo técnico, decidiuse que o CD Arenteiro non participe na Copa Federación prevista para este

A SOCIOS/AS CLUB DEPORTIVO ARENTEIRO

Hoxe, 30 de xuño de 2026 ás 12:00 da mañá consumouse o impago da débedacontraída coa plantilla durante o pasado curso 25/26. A comisión mixta