Afección,
No día de hoxe consumouse o descenso de categoría. Dende o club queremos trasladarvos o noso pesar e as nosas sinceras desculpas por non acadar o obxectivo.
Unha tempada difícil para todos que remata cun duro final e cunhas sensacións que, oxalá, pronto poidamos deixar atrás.
Foron varias tempadas loitando moito nunha etapa histórica da nosa entidade, nun soño que debe volver con traballo e esforzo.
Nestes momentos, só podemos agradecer o voso apoio e o voso ánimo constante, tanto no Municipal de Espiñedo, como fóra de casa. Vós sodes o maior patrimonio do club, e a razón pola que levantarnos de novo despois desta caída.
Coa primeira obrigación de rematar a tempada honrando este escudo ata o último minuto, o Club Deportivo Arenteiro seguirá pelexando por O Carballiño e pola súa xente. Hoxe é día de sufrir xuntos, pero loitaremos para volver desfrutar de novo con todos vós.
Grazas, verdes.


