Saltar al contenido
Portada » Novas » Benvido Gorka Pérez

Benvido Gorka Pérez

Benvido Gorka Pérez

O C.D. Arenteiro reforza o seu eixo defensivo coa incorporación de Gorka Pérez, central vasco de 30 anos con ampla experiencia no fútbol profesional, incluída a Liga Hypermotion.

Natural de Gordexola (Bizkaia) e formado na canteira do Athletic Club, Gorka desenvolveu a súa carreira en equipos de primeiro nivel como o CD Lugo, Nàstic de Tarragona, CD Numancia, CD Badajoz ou a UD Logroñés, co que logrou un histórico ascenso á Segunda División.

Trátase dun central rápido, expeditivo, cunha excelente saída de balón, contundente nos duelos individuais e fiable no corte. Un perfil que combina liderado, experiencia e seguridade, clave para o equilibrio defensivo do equipo.

A súa traxectoria en contextos esixentes e o seu perfil competitivo serán fundamentais nesta nova etapa en Espiñedo.

Benvido á familia verde, Gorka!

#CamiñaConNós

Noticias relacionadas

Empate a todo en Pasarón

O CD Arenteiro sumou un punto de moito valor no feudo do Pontevedra CF, nun encontro esixente e de alta intensidade, marcado polo golazo de

Oficial | Dani Romera

No día de hoxe, o Club Deportivo Arenteiro e o xogador Daniel Romera acordaron separar os seus camiños, coa finalización do compromiso que os unía.