Saltar al contenido
Portada » Novas » Benvido Eliseo Falcón!

Benvido Eliseo Falcón!

  • Novas

Benvido Eliseo Falcón!

Damos a benvida á familia verde a Eliseo Falcón, defensa central con ampla traxectoria no fútbol nacional.

Formado na canteira do Sevilla FC, Eliseo acumulou experiencia en equipos como Atlético Levante, CD Eldense, AD Ceuta, Cornellà ou Mérida AD, entre outros. Con máis de 200 partidos como profesional, chega ao C.D. Arenteiro logo dunha carreira sólida e constante na Segunda Federación e Primeira Federación.

Central experimentado e de garantías, destaca polo seu criterio na saída de balón, intelixencia táctica e seguridade defensiva. Cunha carreira marcada pola fiabilidade e o liderado na zaga, estamos seguros de que será un reforzo clave para o noso proxecto esta tempada.

Benvido, Eliseo!

Compartir

Noticias relacionadas

Empate a todo en Pasarón

O CD Arenteiro sumou un punto de moito valor no feudo do Pontevedra CF, nun encontro esixente e de alta intensidade, marcado polo golazo de

Oficial | Dani Romera

No día de hoxe, o Club Deportivo Arenteiro e o xogador Daniel Romera acordaron separar os seus camiños, coa finalización do compromiso que os unía.