O Club Deportivo Arenteiro abre a campaña de abonados para a nova tempada, cunha oferta pensada para achegar a todo O Carballiño ao Espiñedo.

O Club Deportivo Arenteiro presenta a súa campaña de abonados para a tempada 2026/27 baixo o lema «Orgullo verde, hoxe e sempre». Unha nova etapa que o club encara coa mesma actitude que definiu os seus 68 anos de historia: a dun escudo que, tempada tras tempada, saíu adiante grazas á xente que non falla.
«A pesar da complexidade do reto, somos quen de darlle a volta.»
Esa é precisamente a proposta desta campaña: que quen sempre estivo, e quen aínda non se sumou, forme parte desta nova etapa verdiblanca.

Novidades desta tempada
Toda a información completa — prezos, categorías, condicións e a historia que nos trouxo ata aquí — está dispoñible no dosier oficial da campaña, que podes descargar a continuación.
A oficina de socios múdase á nova tenda oficial do club, en Rúa Aldara nº4, baixo (horario: luns a venres 10:00-13:00 e 17:00-20:00; sábados, só mañá, 10:00-13:00).
RENOVACIÓN ONLINE: https://cdarenteiro.compralaentrada.com/
Faite socio. Renova o teu carné. FORZA ARENTEIRO


