Saltar al contenido
Portada » Novas » Benvido Juanfran

Benvido Juanfran

Benvido Juanfran

No día de hoxe, o Club Deportivo Arenteiro e Juan Francisco García «Juanfran» chegaron a un acordo para a súa incorporación como novo adestrador do primeiro equipo da entidade.

Juanfran (Valencia, 15/07/1976) atesoura unha importante traxectoria no mundo do fútbol ao máis alto nivel. Como xogador, militou en diferentes etapas en clubs como Celta de Vigo, Levante, Ajax ou Zaragoza, entre outros. Como adestrador, destaca o seu paso polo CD Lugo, conseguindo unha salvación histórica en Segunda División na tempada 19-20, logrando manter ao equipo na categoría cun final de campaña de récord.

Chega acompañado do seu asistente, Juan Carlos Díaz, e ambos os dous intégranse no corpo técnico do club para comezar de inmediato o seu labor.

A data de presentación do novo adestrador comunicarase proximamente.

Noticias relacionadas