Saltar al contenido
Portada » Novas » Cuesta: “Só pensamos no partido de mañá”

Cuesta: “Só pensamos no partido de mañá”

Cuesta: “Só pensamos no partido de mañá”

Jorge Cuesta analizou a actualidade do equipo nas horas previas ao importante encontro de mañá fronte ao Bilbao Athletic, un partido marcado no calendario e que concentra toda a atención do conxunto verde:

“Temos que mellorar a eficacia na área contraria, converter as ocasións que temos. Buscaremos tamén non encaixar, para que o resultado condicione o menos posible. Hai que sumar puntos, pero buscaremos a vitoria, por suposto”.

“Necesitamos sumar de tres en tres de maneira rápida e urxente”.

“Agás o último tramo en Pontevedra, non hai sensacións de que nos rematen moito. Non creo que esteamos mal, pero hai que evitar que cheguen con espazos e tempo. Hai que mellorar”.

“Estamos mellor na área contraria, vemos tramos de crecemento”.

“O rival ten talento, capacidade técnica e xera situacións de ida e volta que te levan a sufrir un ritmo alto. A súa ousadía pode penalizalos, pero no seu día bo xeran situacións de perigo”.

“Saber moverse pode xerar algúns puntos de experiencia nos que ser superiores”.

“Levarannos ao límite, veñen nunha dinámica positiva e sabemos da súa dificultade”.

“É un partido moi importante, hai que sumar. Temos que ter a cabeza fría; xogamos contra equipos da parte alta da táboa, pero non é unha desculpa. Temos que ir sumando nestes partidos para preparar os duelos directos que chegarán, onde nos xogamos a tempada”.

“Non escondemos a importancia dun partido fundamental para nós”.

“Ferreiro completou a semana; valoraremos en función de varias cousas. Está apto para xogar”.

“Tendo un partido importante mañá, non pensamos en nada máis. Despois xa valoraremos. Hai movementos e rumores cada pouco, todo está cambiando, sabémolo”.

“Até o luns a última hora hai que esperar. Sabemos cal é a nosa situación. Gañando medraremos na orde de preferencias, seguro”.

“Estou convencido de que van chegar cousas; esta categoría é atractiva e teremos opcións de incorporacións”.

“Vese claramente o que hai. Estamos xustos en ataque e iso necesita reforzos. Todos buscamos o mesmo”.

“As quendas están claras. Máis alá de opcións concretas que xorden, é importante agardar ao momento correcto”.

“Este equipo traballou desta maneira e sabemos que o mercado ten os seus ritmos”.

“Todos cren no que estamos facendo. Hai cousas que mellorar e necesitaremos resultados e puntos, está claro, pero a liña é boa”.

“Agora non hai sorte co calendario; esas vitorias anteriores foron importantes. A cabeza ten que estar no partido. O peche do mercado deixará as cousas claras de cara ao futuro e axudará a enfocar. Somos capaces de gañar a calquera”.

Noticias relacionadas

Benvido, Molina!

O CD Arenteiro fai oficial o acordo acadado co xogador Antonio Molina para esta tempada.Molina (21-6-03, Huelva) actúa como extremo esquerdo e destaca pola súa

Sen premio en A Malata

O CD Arenteiro caeu por dous goles a cero ante o Racing de Ferrol en A Malata, nun encontro decidido polos tantos de Antón Escobar