A xuntanza celebrouse esta tarde cun amplo e relevante orde do día
A Asemblea Extraordinaria de Socios/as do CD Arenteiro tivo lugar na tarde deste xoves, 13 de novembro, ás 20:30 h en segunda convocatoria, no Auditorio Municipal do Carballiño. A reunión desenvolveuse seguindo a seguinte orde do día:
- Informe deportivo, social e económico actual do club.
- Avances na xestión da SAD e aprobación de necesidades inmediatas, como novas achegas e consolidación das xa realizadas.
- Autorización á presidencia ou á xunta directiva para realizar as xestións necesarias e concretar unha operación de préstamo, de ser preciso.
- Informe de avance do proxecto dun novo campo de fútbol en Uceira e/ou ampliación do campo de Espiñedo.
- Intervención das persoas socias.
Todos os puntos sometidos a aprobación foron apoiados de maneira positiva polo quorum de socios/as presentes na asemblea. Así mesmo, déronse a coñecer o estado actual dos proxectos en marcha e os próximos plans de crecemento e desenvolvemento do club.



