O Carballiño | 3 de novembro de 2025
O presidente do Club Deportivo Arenteiro, no exercicio das súas funcións e de acordo cos estatutos sociais do Club, convoca á Asemblea Extraordinaria de Socios/as, que terá lugar o próximo xoves 13 de novembro no Auditorio Manuel María do Carballiño.
A asemblea celebrarase ás 20:00 horas en primeira convocatoria, e ás 20:30 horas en segunda e definitiva.
Orde do día
- Informe deportivo, social e económico actual do club.
- Avance de xestión da SAD e aprobación de necesidades inmediatas: novas aportacións e consolidación das xa efectuadas.
- Autorización á Presidencia ou Xunta Directiva para realizar xestións e concretar operación prestataria no caso de ser preciso.
- Informe de avance sobre o proxecto do novo campo de fútbol na Uceira e/ou ampliación de Espiñedo.
- Intervención de socios/as.
Acceso
A entrada será exclusiva para socios e socias do C.D. Arenteiro co carnet da tempada 2025/26 ao día de pago.
Terán dereito a voto todos os socios/as maiores de idade.
Asdo.:
D. Argimiro Marnotes Fernández
Presidente do C.D. Arenteiro



