Tras as probas realizadas, obxectívase que o xogador Sergio Aguza sofre unha lesión focalizada na área isquiotibial da súa perna dereita, que lle impedirá estar á disposición do corpo técnico de cara ás vindeiras xornadas de competición. O tempo estimado de baixa podería acadar varias semanas, sempre segundo a súa evolución.
O xogador atópase xa baixo supervisión dos servizos médicos do club, coordinados polo xefe de Servizos Médicos, o doutor Adrián Gallego.
Servizos Médicos C.D. Arenteiro