Saltar al contenido
Portada » Novas » O Arenteiro vence e convence na súa visita a Extremadura

O Arenteiro vence e convence na súa visita a Extremadura

O Arenteiro vence e convence na súa visita a Extremadura

Os goles de Mingo e Moreno outorgaron unha máis que merecida vitoria aos pupilos de Jesús Arribas.

Partido intenso o que se disputaba esta tarde en terras estremeñas. Primeiros minutos de tanteo entre ambos rivais, nunha tarde de calor e moito sol no Francisco de la Hera. Algúns cambios no once inicial coa entrada de Brais e Diego Moreno, e un inicio de tanteo fronte a unha posta en escena moi ofensiva do rival, con máis aproximacións, concretadas en tres ocasións claras, unha delas salvada baixo paus por Luca Lohr.

O equipo melloraba co paso dos minutos, con maior posesión e control dos tempos de partido para os de Arribas. Avance controlado e orde na construción para buscar a ruptura polo carril exterior e a referencia de Ferreiro na mediapunta. Pouco a pouco o balón pasaba a ser do Arenteiro, aínda que as ocasións máis directas caían do lado local. Sanchidrián, como referencia dos estremeños, mostrabase como o máis incisivo dos pupilos de Cobo.

Un remate de cabeza de Mingo, que atrapaba sen apuros o meta rival, supuña unha oportunidade clara para un equipo que fora de menos a máis co paso dos minutos. David Ferreiro tentábao cun remate acrobático ao fío do descanso, aínda que sen éxito no contacto final.

Cando todo parecía encamiñar o encontro cara ao empate, un gran balón de Richarte chegaba a dominios de Mingo, que cruzaba un disparo fantástico desde a frontal da área para bater por baixo ao porteiro contrario e conseguir o primeiro tanto da tarde. Golazo de bandeira e premio merecido para un Arenteiro que puxo máis sobre o verde para adiantarse.

A segunda metade traería un novo equilibrio de forzas e un paso adiante do conxunto local en busca da igualada. O Cacereño tentaba facerse cos ritmos de partido, aínda que en fronte atopaba un Arenteiro moi ordenado e eficaz, que mantiña a tónica do período anterior. David Ferreiro rozaba o gol cun disparo desde longa distancia que estivo a piques de converterse no segundo tanto da tarde para os verdes.

O segundo acto ía premiar de novo a proposta do Arenteiro, cando Víctor Mingo, esta vez como asistente, enviaba un balón cirúrxico para a chegada de Diego Moreno, que desde a banda esquerda lograba perforar a meta local dobrando a vantaxe para o conxunto do Carballiño.

O tramo final de partido traería as entradas de Cuéllar ou Alpha, entre outros, para dar osíxeno e músculo a un equipo que non levantaba o pé do acelerador, buscando manter, ou mesmo aumentar, a súa renda. Bo tramo final dos verdes, que equilibraron ataque e defensa para acadar unha moi merecida vitoria por segunda xornada consecutiva.

Noticias relacionadas

Parte Médico | Lluís Llàcer

O xogador Lluís Llacer sufría durante o pasado encontro de competición unha luxación no seu ombreiro dereito, xa tratada polo corpo médico do equipo no