Saltar al contenido
Portada » Novas » Previa / J. Arribas / C.P. Cacereño – C.D. Arenteiro

Previa / J. Arribas / C.P. Cacereño – C.D. Arenteiro

Previa / J. Arribas / C.P. Cacereño – C.D. Arenteiro

O adestrador do C.D. Arenteiro, Jesús Arribas, compareceu en sala de prensa antes do encontro de liga fronte ao C.P. Cacereño no Estadio Francisco de la Hera. O técnico verde destacou a importancia do choque, a esixencia do rival e a confianza no traballo do seu equipo para buscar unha nova vitoria.

Valoración da última xornada

Arribas abriu a súa intervención lembrando a última xornada, na que os seus xogadores lograron sumar os tres primeiros puntos da tempada:

“Foron 90 minutos nos que demos todo, e conseguiuse a vitoria. Xa estamos centrados no seguinte partido, hai que ter as cousas claras para sacar algo positivo”.

O técnico destacou o valor do triunfo inicial, consciente da súa importancia:

“Conseguimos tres puntos moi importantes, o equipo sabía da relevancia do partido e acadouse unha primeira vitoria de moito valor”.

Un rival esixente

De cara ao duelo co Cacereño, Arribas prevé un encontro esixente, con circunstancias diferentes e posibles novidades:

“Será un partido de circunstancias distintas. Pode xurdir algunha dúbida ou cambio. Coñezo ao míster, teremos diante un equipo agresivo, perigoso co balón e nas transicións, cun bloque traballador e veloz”.

O feito de que o rival non xogue no seu estadio habitual tamén pode influír:

“Ao non xogar no seu campo, pode que varíen cousas, pero o seguro é que precisamos deixar todo no verde para acadar o obxectivo”.

O preparador confirmou que o Arenteiro traballou varios escenarios e alternativas para afrontar o encontro:

“Temos varios plans de partido, dependendo do que vexamos enfronte. Sabemos da súa capacidade para defender en bloque baixo e atacar con velocidade. Non teñen problema en adaptarse a todo”.

Situación do equipo

No apartado individual, Arribas comentou o bo momento de varios xogadores e as baixas coa que conta:

“Solís deu varios pasos adiante. A baixa de Lluis é unha auténtica mágoa, foi unha acción fortuíta e temos que telo á marxe. Recuperamos a Jaume, que chega con moita ilusión por sumarse ao bloque”.

Sobre a competitividade interna do vestiario, mostrouse satisfeito:

“Estamos tomando decisións, a idea é clara: o equipo está preparado para todo. Non hai futbolistas para cubrir, hai competitividade e loita por entrar no once”.

Confianza e concentración

O adestrador insistiu na confianza que o grupo foi gañando semana a semana:

“Vemos un gran traballo do equipo, a idea de xogo está cada vez máis asentada e iso axúdanos a buscar o que queremos. O bloque ten seguridade no que fai e confianza nos procesos de xogo”.

De cara ao domingo, Arribas fixo un chamamento á máxima concentración fronte a un rival que pode penalizar calquera erro:

“Agardamos dar a mellor imaxe posible para conseguir unha vitoria que nos sumaría moito. O Cacereño penalízache calquera fallo. Non teñen problema en meterse atrás e deixar referencias ao espazo. No momento en que fas o que non debes, son capaces de morderche e facértelo pagar”.

E engadiu para pechar a súa comparecencia:

“As decisións equivocadas páganse caro. O rival pode circular moi rápido, cóllente en transicións se non estás atento. Sabemos que temos diante un equipo moi completo”.

Noticias relacionadas

Parte Médico | Lluís Llàcer

O xogador Lluís Llacer sufría durante o pasado encontro de competición unha luxación no seu ombreiro dereito, xa tratada polo corpo médico do equipo no