Luis Vilachá regresa ao C.D. Arenteiro para incorporarse como 2º adestrador no corpo técnico de Jesús Arribas.
Unha cara xa coñecida en Espiñedo, onde formou parte do histórico ascenso á Primeira Federación da man de Javi Rey, volta agora cunha ampla experiencia ás costas en banquiños de diferentes categorías.
Últimas experiencias:
2024/25 | S.D. Ponferradina (Primeira Federación – Grupo 1) → 41 partidos como adestrador auxiliar, chegando a ser segundos na competición.
2023/24 | C.D. Arenteiro (Primeira Federación – Grupo 1) → 39 partidos como 2º adestrador, contribuíndo á consolidación do proxecto verde.
Tamén acumulou etapas no C.D. Barco, U.D. Barbadás, Ourense C.F. e Pabellón Ourense, sempre sumando na súa función como técnico.
Co seu regreso, reforzamos o corpo técnico cun profesional de confianza, coñecedor da casa e cunha traxectoria contrastada.
Estamos moi contentos de volver a contar contigo, Luis. Imos a por todas!
#CamiñaConNós