Saltar al contenido
Portada » Novas » Benvido Diego Moreno

Benvido Diego Moreno

Benvido Diego Moreno

O C.D. Arenteiro incorpora a Diego Moreno, lateral esquerdo de 23 anos que chega procedente do Valencia CF Mestalla.

Natural de Villa del Río (Córdoba), Moreno destaca pola súa intensidade, velocidade na banda e capacidade para sumarse ao ataque sen descoidar as tarefas defensivas. Formado nas categorías inferiores do Córdoba CF, deu o salto ao Real Valladolid, onde chegou a debutar en Primeira División antes de recalar no filial valencianista, co que disputou máis de 50 partidos en Segunda Federación nas dúas últimas tempadas.

A súa experiencia en diferentes categorías do fútbol español e o seu percorrido competitivo fan del un reforzo de garantías para o carril esquerdo verde.

💚 Benvido a Espiñedo, Diego!

#CamiñaConNós

Noticias relacionadas

Parte médico Babu

O CD Arenteiro informa que, tras as pertinentes probas médicas realizadas ao xogador Babucarr Boye, despois da lesión sufrida no seu xeonllo esquerdo, o servizo

Benvido Alberto Solís

O C.D. Arenteiro suma talento ao seu medio campo coa incorporación de Alberto Solís, mediocentro ofensivo de 27 anos que chega cedido do FC Andorra.Natural