O centro do campo verde suma músculo, intensidade e experiencia coa chegada de Adilson, centrocampista de 26 anos natural de Bisáu (Guinea-Bisáu), que se incorpora ao C.D. Arenteiro tras militar no Real Ávila C.F. na Segunda Federación.
Formado en equipos como o CD Leganés, Manchego Ciudad Real ou o UA Horta, tamén acumulou experiencia en Portugal defendendo as cores do SC Covilhã e o FC Oliveira do Hospital, o que lle permitiu medrar en contextos competitivos a nivel internacional.
A pasada tempada disputou 33 partidos oficiais co Ávila, sendo unha peza clave no medio campo grazas á súa capacidade de destrución, presenza física (1,87 m) e boa saída de balón.
Chega ao Espiñedo para reforzar o equilibrio táctico e a loita no centro do campo.
💚 Benvido á familia verde, Adilson!
#CamiñaConNós