Damos a benvida á familia verde a Dani Romera, dianteiro con traxectoria de altura, instinto goleador e un pasado marcado pola súa irrupción precoz na elite do fútbol nacional.
Natural de Almería, formouse na UD Almería, debutando en Primeira División con só 18 anos. Desde entón, vestiu camisolas históricas como as do FC Barcelona B, Cádiz CF, AD Alcorcón, Rayo Majadahonda, SD Ponferradina ou Real Murcia, acumulando experiencia en LaLiga, Segunda e Primeira RFEF.
Romera é un xogador de carácter, intensidade e olfato, cunha carreira que fala por si soa e que agora suma o seu talento ao proxecto verde para liderar o ataque e facer vibrar Espiñedo coa súa ambición.
Benvido, Dani!
#CamiñaConNós