Damos a benvida —ou mellor dito, dámoslle a benvida de volta— á familia verde a Fer Iglesias, dianteiro ourensán con proxección, versatilidade e un forte vínculo coa nosa comarca.
Natural de Maside, Fer formouse nas categorías inferiores do C.D. Arenteiro antes de continuar a súa evolución no fútbol galego da man de clubs como o Pabellón Ourense, o C.D. Choco ou a UD Barbadás. Con só 20 anos, acumulou xa minutos e goles en ligas como a División de Honra Xuvenil ou a Terceira Federación.
Xogador polivalente, capaz de ocupar diferentes posicións no ataque, destaca polo seu traballo, mobilidade e espírito competitivo. Representante dunha nova xeración con futuro, regresa á súa casa para seguir medrando co escudo que o viu comezar.
Benvido de novo, Fer!
#CamiñaConNós