Saltar al contenido
Portada » Novas » O CD Arenteiro dá comezo á pretempada 25/26 coa presentación do seu cadro técnico e xogadores

O CD Arenteiro dá comezo á pretempada 25/26 coa presentación do seu cadro técnico e xogadores

O CD Arenteiro dá comezo á pretempada 25/26 coa presentación do seu cadro técnico e xogadores

O CD Arenteiro pon en marcha unha nova tempada e faino coa ilusión renovada e cun grupo de traballo que xa se atopa nas instalacións de A Uceira para comezar a preparación estival. A partir deste xoves, o primeiro equipo desenvolverá sesións de adestramento en horario de mañá, dende as 09:00 h, tanto o xoves como o venres, coa vista posta en construír as bases dun novo curso competitivo.

O corpo técnico estará liderado polo adestrador Jesús Arribas, quen contará co apoio dun equipo multidisciplinar composto por Alfredo Fernández como técnico auxiliar, Jandro Novoa como preparador físico, Juan Luis Mantiñán na análise, Ángel López como adestrador de porteiros, Javier González como fisioterapeuta, Celso González como delegado e José Manuel Vázquez como utillleiro.

No que respecta ao plantel, o equipo arrinca esta primeira fase da pretempada con quince futbolistas confirmados: Diego García, Jordan Sánchez, Ignacio Ramón del Valle, Simón Luca Pérez, Iván Muñoz, Tomas Berardozzi, David Ferreiro, Marcos Alonso, Tiago Rodríguez, Eliseo Falcón, Lluis Llacer, Mamadou Alpha, Brais Val, Dani González e Fer Iglesias.

Ademais, están previstos varios reforzos que se irán incorporando progresivamente nos vindeiros días. É o caso de Pedro Luz, Caio Lópes, Javi Grillo, Addilson Fernandes e Félix Giménez, que serán presentados oficialmente en canto se completen os trámites correspondentes. Tamén se incorpora á dinámica de grupo, a modo de proba, Cipriano Sambu.

A aposta pola base mantense firme, e nesta primeira semana de traballo tamén participarán varios xogadores da canteira: Iker Rodríguez, Álex Pérez, Iago Vázquez, Iker González e Daniel Fariñas, aos que o club ofrece unha oportunidade de seguir medrando e gañar experiencia ao carón do primeiro equipo.

Así, con compromiso, traballo e unha base sólida, o CD Arenteiro dá os seus primeiros pasos nunha tempada que se presenta apaixonante e chea de retos.

Noticias relacionadas