Saltar al contenido

Benvido Luís Llacer

Damos a benvida á familia verde a Lluis Llácer, lateral esquerdo con experiencia contrastada na categoría e un perfil moi completo, que destaca polo seu equilibrio, orde e capacidade para contribuír tanto en defensa como en ataque.

Natural de Bellreguard (Valencia), formouse en canteiras de prestixio como as do Levante UD e o Deportivo Alavés antes de dar o salto ao fútbol senior. Nas últimas tempadas defendeu as cores de clubs como o Mérida AD, SD Logroñés ou SD Tarazona, acumulando máis de 150 partidos entre Segunda B e Primeira RFEF.

Xogador polivalente, regular e fiable, chega ao C.D. Arenteiro para achegar seguridade, compromiso e rendemento inmediato pola banda esquerda.

Benvido, Lluis!

#CamiñaConNós

Noticias relacionadas

Benvido Alpha

Damos a benvida á familia verde a Mamadou Alpha, lateral dereito de vocación ofensiva, potente, veloz e cun desborde notable no un contra un. Un

CAMPAÑA DE ABONADOS 25/26

A campaña de abonados 25/26 xa está en marcha.Un novo camiño arrinca xunto a ti. Un camiño que nos levará por cidades, emocións e retos,

Grazas Tarsi

O CD Arenteiro comunica que Tarsi Aguado non formará parte do plantel verde na próxima tempada. Queremos agradecerlle sinceramente o seu traballo, esforzo e compromiso