Saltar al contenido

Benvido Dani González

Damos a benvida á familia verde a Dani González, mediapunta cántabro cun talento especial para romper liñas, asistir e facer xogar ao equipo con calidade, desborde e visión de xogo. Un futbolista con magia nos pés.

Natural de Reinosa, Dani deu os seus primeiros pasos nas categorías inferiores do Racing de Santander, medrando nas filas do xuvenil e do filial antes de consolidarse no Rayo Cantabria, onde se formou nun contexto competitivo esixente e de alto nivel.

Con 23 anos, chega ao C.D. Arenteiro para seguir medrando e aportar creatividade, último pase e desequilibrio dende a mediapunta. Firma por dúas tempadas co obxectivo de facer vibrar Espiñedo co seu talento.

Benvido, Dani!

#CamiñaConNós

Noticias relacionadas

CAMPAÑA DE ABONADOS 25/26

A campaña de abonados 25/26 xa está en marcha.Un novo camiño arrinca xunto a ti. Un camiño que nos levará por cidades, emocións e retos,

Grazas Tarsi

O CD Arenteiro comunica que Tarsi Aguado non formará parte do plantel verde na próxima tempada. Queremos agradecerlle sinceramente o seu traballo, esforzo e compromiso

Benvido Luís Llacer

Damos a benvida á familia verde a Lluis Llácer, lateral esquerdo con experiencia contrastada na categoría e un perfil moi completo, que destaca polo seu