Saltar al contenido

C.D. ARENTEIRO DESPÍDESE DE FRAN JUSTO

O próximo destino do primeiro adestrador será o C.D. Lugo de La Liga SmartBank – Segunda División .


Fran Justo deixa a disciplina do C.D. Arenteiro e pon rumbo ao C.D. Lugo, tras conversas entre ambos os clubs onde chegaron a un acordo. O segundo adestrador, Millán, tamén o acompañará nesta nova etapa.
Dende o club, só podemos dar mostras de agradecemento a estes dous profesionais, que acompañaron a todas as vitorias e tamén derrotas do Arenteiro nestas últimas 3 temporadas. Conseguimos xuntos os únicos títulos nacionais do C.D.A. : campións da 3ª división nacional e gañadores da Copa Federación.
Con vós comezou unha gran viaxe. A vila do Carballiño tinguiuse completamente de verde e vós fóstedes capaces de transmitir a vosa ilusión e motivación a todos nós.Sempre quedaredes no recordo, sodes historia do C.D. Arenteiro e por suposto as portas da nosa casa permanecerán máis que abertas para vós.
Con orgullo, despedímonos, sabendo que marchades para medrar na vosa carreira e conseguir novos logros. O camiño non acaba aquí, seguiremos ben ledos a vosa traxectoria cos nosos compañeiros galegos.
Grazas por facernos soñar, C.D. Arenteiro.

Compartir

Noticias relacionadas

Benvido Alpha

Damos a benvida á familia verde a Mamadou Alpha, lateral dereito de vocación ofensiva, potente, veloz e cun desborde notable no un contra un. Un

CAMPAÑA DE ABONADOS 25/26

A campaña de abonados 25/26 xa está en marcha.Un novo camiño arrinca xunto a ti. Un camiño que nos levará por cidades, emocións e retos,

Grazas Tarsi

O CD Arenteiro comunica que Tarsi Aguado non formará parte do plantel verde na próxima tempada. Queremos agradecerlle sinceramente o seu traballo, esforzo e compromiso