Saltar al contenido
Portada » Novas » Álex Cardero, máis talento para o Arenteiro

Álex Cardero, máis talento para o Arenteiro

Álex Cardero, máis talento para o Arenteiro

O Club Deportivo Arenteiro e o Real Oviedo alcanzaron un acordo pola cesión de Álex Cardero ata final de tempada.

Trátase dun centrocampista de 20 anos que xa foi quen de debutar e ata marcar na Liga Hypermotion co primeiro equipo do Real Oviedo.

Chegou as filas do club asturiano en prebenxamíns e esta será a súa primeira vez fóra do Requexón.

Álex xa coñece a súa nova casa e aos seus novos compañeiros, e hoxe estará presente no Toralín para gozar do #PonferradinaArenteiro.

Benvido ao Carballiño, benvido ao Arenteiro… a túa sorte será a nosa!

#BenvidoCardero | #ACoraxeDeSoñar

Compartir

Noticias relacionadas

COMUNICADO OFICIAL

Tras unha valoración conxunta da dirección, do adestrador e do corpo técnico, decidiuse que o CD Arenteiro non participe na Copa Federación prevista para este

A SOCIOS/AS CLUB DEPORTIVO ARENTEIRO

Hoxe, 30 de xuño de 2026 ás 12:00 da mañá consumouse o impago da débedacontraída coa plantilla durante o pasado curso 25/26. A comisión mixta