O C.D. Arenteiro afronta este sábado 28 de febreiro un dos encontros máis especiais da tempada. O equipo visitará O Couto para medirse ao Ourense C.F., nun derbi correspondente á xornada 26 da Primeira Federación, que dará comezo ás 16:15 horas.
Un partido marcado en vermello no calendario, no que o apoio da nosa afección será fundamental. A bancada de Preferencia estará destinada á nosa xente, co obxectivo de tinguir O Couto de verde.
As entradas poden adquirirse a través da seguinte ligazón:
https://compralaentrada.com/ourense-cf
As entradas para menores poderán mercarse de xeito físico no propio estadio ou en Oira.
Convocatoria do C.D. Arenteiro (orde alfabética):
Adilson, Alex López, Alvin, Bastida, Bilal, Brais, Chuca, Dani G., Diego, Diego Moreno, Eliseo, Ferreiro, J. Cuéllar, Jordan, Lasure, Luca, Mingo, Molina, Moya, Nacho.
#CamiñaConNóss

