Saltar al contenido

Fin de Vinculación – Enol

O C.D. Arenteiro comunica que, unha vez concluída a tempada 2024/25, Enol pon fin á súa etapa no noso club. A súa historia continúa na S.D. Huesca, á que se incorpora tras ser traspasado.

Queremos agradecerlle de corazón o compromiso, o esforzo e a entrega que amosou defendendo a nosa camiseta. Foi un pracer contar co seu traballo no día a día, tanto dentro como fóra do terreo de xogo.

Desexámoslle todo o mellor no futuro, tanto a nivel profesional como persoal. Levas para sempre un anaco do Espiñedo contigo. As portas do Arenteiro estarán sempre abertas.

Noticias relacionadas

CAMPAÑA DE ABONADOS 25/26

A campaña de abonados 25/26 xa está en marcha.Un novo camiño arrinca xunto a ti. Un camiño que nos levará por cidades, emocións e retos,

Grazas Tarsi

O CD Arenteiro comunica que Tarsi Aguado non formará parte do plantel verde na próxima tempada. Queremos agradecerlle sinceramente o seu traballo, esforzo e compromiso

Benvido Luís Llacer

Damos a benvida á familia verde a Lluis Llácer, lateral esquerdo con experiencia contrastada na categoría e un perfil moi completo, que destaca polo seu