A campaña de abonados 25/26 xa está en marcha.
Un novo camiño arrinca xunto a ti. Un camiño que nos levará por cidades, emocións e retos, coa ilusión de sermos mellores que onte. Este ano, como gran novidade, poderás reservar o teu asento na tribuna e sentir Espiñedo máis teu ca nunca.
📍 Dende hoxe ata o sábado 19 de xullo, podes facer a túa pre-reserva de abono e asento de forma presencial na oficina do club.
Consulta toda a información no seguinte dossier e #CamiñaConNós.