As Nosas levantan a Copa Diputación (3-2)

O CD Arenteiro feminino logrou vencer a final da Copa Diputación xogada na tarde de onte no renovado Estadio Do Couto por 3 goles a 2, nun encontro no que foi necesario chegar a prórroga para decidir o conxunto vencedor. María e Sara en dúas ocasións foron as goleadoras pola nosa parte.

As de Alba Rodríguez, no seu segundo ano de competición, logran salvación na Segunda Galega e Copa Diputación, vencendo a un duro rival como é o EFF Rosalía, quen acadou un mellor posto na liga e non perdeu ningún dos dous encontros contra as nosas (unha victoria e un empate).

O Club Deportivo Arenteiro segue acadando méritos deportivos e, sobre todo, medrando como club, nesto caso no apartado feminino.

Noraboa rapazas, sodes un orgullo para todos nós.

Leave a Reply