Táboas entre Arenteiro e Real Sociedad B (1-1)

Arenteiro: Diego García, Jordan, Javi Moreno, Germán, Álvaro Ramón, Tiago (Marino, min 62), Esquerdo, Iván Ramos (Romay, min 82), Luis Chacón, Álex Cardero (Marquitos, min 82) y Christian Santos (Manín, min 62).

Real Sociedad B: Aitor Fraga, Rupérez, Jon Martín, Ibra Camara (Peru, min 80), Jon Balda (Astigarraga, min 75), Gorrotxategi, Dadie, Pablo Marín (Eder García, min 75), Goti, Fiabema (Arkaitz, min 62) y Ekain Azkune (Arzak, min 80).

Goles | 0-1, min 38: Pablo Marín; 1-1, min 48: Iván Ramos.

Partido tolo e bonito para o espectador, similar ao derradeiro encontro no Espiñedo dúas semanas atrás.

O filial da Real Sociedad, cheo de calidade e xuventude, asinou unha posta en escena de moito nivel, pero Diego García foi quen de manter ao cadro verde no encontro. Co paso dos minutos os de Javi Rey sacudíronse o dominio visitante e comezaron a inquietar o arco de Aitor Fraga. Primeiro intentouno Tiago, máis tarde Ger a saída dun córner e posteriormente Álvaro Ramón en dúas ocasións.

Non obstante, foi Pablo Marín quen perforou as redes da portería de Diego García logo dunha rápida transición ofensiva encabeza por Fiabema, presumiblemente en fóra de xogo.

Tralo paso polos vestiarios apareceu Iván Ramos para asinar un auténtico golazo e empatar o encontro. E a partir dese momento; tolemia. Ida e volta e pouco control, pero Diego García apareceu para salvar ao Arenteiro e sumar un valioso punto, e xa son 44.

O Arenteiro visitará ao Barça Atlètic o vindeiro domingo ás 19:00 horas.

Leave a Reply