O Arenteiro salva un punto ante o Majadahonda (2-2)

Arenteiro: Diego García, Jordan (Manín, min 74), Germán, Vitra (Romay, min 68), Álvaro Ramón, Marino (Tiago, min 74), Esquerdo, Pibe, Álex Cardero (Iván Ramos, min 68), Luis Chacón y Christian Santos.

Rayo Majadahonda: Sarr, Ceballos, Kike Hermoso, Joao Dias, Casado, Álvaro Arnedo, Reguera (Camacho, min 84), Alberto, Sergi García (Pablo Hervías, min 84), Pablo Pérez (Tavares, min 61) y Cortés (Jeisson, min 72).

Goles | 0-1, min 18: Cortés; 1-1, min 36: Pibe; 1-2, min 65: Arnedo; 2-2, min 80: Santos.

O Arenteiro logrou un valioso punto ante o Rayo Majadahonda nun encontro parvo e descontrolado.

Os de Javi Rey mostraron unha versión bastante pobre ante o colista da categoría. O cadro local non foi quen de sacar o balón xogado e un dos seus puntos fortes, o xogo por fóra, estrellouse continuamente cas salidas por alto de Sarr. O conxunto madrileño viuse cómodo e non tardou en aproveitalo, primeiro cun gol anulado a Sergi, quen fixo un partido colosal, e dous minutos máis tarde co 0-1 de Cortés logo dun erro garrafal en salida de balón.

Foi grazas a habilidade e picardía de Pibe como o conxunto verde empataría o partido, regate precioso ante Jorge Casado e penalti a prol do Arenteiro. O mesmo Pibe foi quen o transformou e así chegaríamos ao tempo de lecer.

Non cambiaría muito a dinámica no segundo tempo, e no minuto 20 de novo Sergi foi protagonista cedendo para Casado, o lateral sacou un bo centro e Arnedo fixo o 1-2. Poucos minutos despois Jeisson non aproveitou un man a man con Diego e aos poucos minutos lamentouno. Christian Santos non fallaba a súa cita co gol e facía o 2-2 a falta de 10 minutos máis añadido. O cuarto de hora final foi o mellor tramo do Arenteiro, quen pudo levarse os tres puntos se os remates de Manín e Santos -de novo- fosen acertados.

O Arenteiro visitará ao Sabadell o vindeiro sábado ás 20:00 no partido correspondente á xornada 29 da Primera RFEF.

Leave a Reply