O Nàstic tumba ao Arenteiro (0-1)

Arenteiro: Diego García, Jordan (Romay, min 77), Javi Moreno, Germán, Álvaro Ramón, Tiago (Iván Ramos, min 70), Esquerdo, Pibe, Luis Chacón, Álex Cardero (Manín, min 59) y Christian Santos.

Nàstic: Varo, Pol Domingo, Trigueros, Dufur, Joan Oriol, Óscar Sanz, Borja Martínez, Gorostidi (Marc Montalvo, min 87), Álex Mula (Tirlea, min 76), Marc Fernández (Jaume Jardí, mi 64) y Godoy (Santamaría, min 64). 

Goles: 0-1, Marc Fernández no 50′.

Duro rival o que tiña enfrente hoxe o Arenteiro, nada máis e nada menos que o Nàstic de Tarragona, quen durmirá líder la Primera RFEF.

O primeiro tempo do cadro de Dani Vidal foi un dos mellores dun equipo rival en Espiñedo en moito tempo, freando os ataques do Arenteiro, que era o único equipo local capaz de facer gol en tódolos encontros, e xerando unha gran cantidade de ocasións. Marc Fernández, Godoy, Mula… pero entre Diego García e Javi Moreno evitouse o gol rival. Pola parte do Arenteiro, o xa mítico envío de Pibe a Chacón e un desviado intento de Cardero foi o máis destacado.

Tralo paso polos vestiarios e a través dun balón parado Marc Fernández firmou o único tanto do partido. Non foi ata o tramo final cando o Arenteiro meteuse de cheo no encontro, primeiro a través de Pibe, máis tarde Cachón e un bo envío de Romay a Manín. E xa non derradeiros minutos, Ger e de novo Pibe dúas veces, pero todos os intentos foron repelidos pola zaga visitante.

O Arenteiro visitará á SD Tarazona o vindeiro sábado ás 20:00 horas, no encontro correspondente á xornada 27 da Primera RFEF.

Leave a Reply