Normalizando feitos históricos (1-0)

Arenteiro: Pablo Brea, Jordan, Javi Moreno, Germán, Álvaro Ramón, Marino (Vitra, min 46), Esquerdo, Pibe (Iván Ramos, min 87), Álex Cardero (Tiago, min 83), Luis Chacón (Romay, min 87) y Manín (Christian Santos, min 68).

Osasuna Promesas: Stamatakis, Guillem Molina (Jon García, min 76), Jorge Moreno, Garriz (Dani Sancho, min 85), Michelis, Mutilva (Nowend, min 85), Rabadán, Osambela, Arguibide (Echegoyen, min 63), Ander Yoldi y Svensson (Aguirre, min 76). 

Nova xornada, novo rival pero mesmo día, hora e resultado. Desta vez o perxudicado foi o Osasuna Promesas. Un club cunha estructura e un rendemento espectacular desde fai moitos anos, pero, unha vez máis, o Arenteiro saiu gañador.

Normalizando feitos históricos no Espiñedo, porque ao Arenteiro, desde fai anos, dalle igual a magnitude do reto ao que se enfronta, porque o resultado sempre é o mesmo. Clubes históricos de cidades tremendamente grandes ou filiales de equipos do máximo nivel, o Arenteiro, con humildade e orgullo, sempre o consegue.

E desta vez tocou sacar o mono de traballo, porque o Osasuna Promesas adaptouse moi ben ao Espiñedo e sorprendeu sacando unha liña de 5 defensores, e os nosos tiveron verdadeiros problemas para encontrar os espazos e xerar ocasións. De feito, as ocasións no primeiro tempo tiveron cor vermello, ou mellor dito azul. Arguibide en dúas ocasións e Rabadán tentaron o gol, mais Pablo Brea estivo acertado e mantivo o 0-0 no luminoso. O máis destacado sería a ocasión de Marino nos minutos finais.

Tralo paso polos vestiarios Javi Rey realizou algunhas modificacións tácticas e o equipo mellorou. Tamén tivo que entrar Diego Vitra polo lesionado Marino Illescas, sen dúbida a peor nova da tarde-noite de onte.

No segundo tempo as ocasións tiveron nome e apelidos: Álvaro Ramón. A primeira logo dun centro de Pibe, a segunda ca perna dereita tras un caneo… e a terceira foi a vencida. Xogada que inicia Pibe no sector dereito, taconazo de Álex Cardero e Álvaro finaliza cun auténtico golazo. Xusto antes Pibe tamén filtrou un gran balón a Chacón, pero entre Stamatakis e a madeira evitaron o tanto de Luis.

O Arenteiro segue no 7º posto con 36 puntos, a +12 dos postos de descenso e a 3 dos playoff. O vindeiro sábado ás 20:00 horas visitaremos á SD Logroñés no encontro correspondente á xornada 25.

Leave a Reply