Un fabuloso Arenteiro tumba a Cultural (1-0)

Arenteiro: Pablo Brea, Jordan, Javi Moreno, Germán, Álvaro Ramón, Marino (Vitra, min 83), Esquerdo, Pibe (Tiago, min 46), Álex Cardero (Romay, min 90), Luis Chacón y Manín (Christian Santos, min 77). 

Cultural: Bañuz, Víctor García, Quique Fornos, Rodri, Jaume Pol, Kevin Presa (Dorian, min 81), Nico Toca (Barri, min 46), Martín Solar (Aarón Rey, min 69), Escudero (Bicho, min 69), Fabio (Muguruza, min 75) y Guillermo. 

Goles: 1-0 79′ Christian Santos

O Arenteiro segue a sumar victorias de prestixio. Esta vez foi ante un histórico como a Cultural e Deportiva Leonesa, que chegaba ao Carballiño no segundo posto da clasificación.

E foron os leoneses os que comenzaron mellor, prácticamente asediando aos nosos, pero, eso si, sen crear verdadeiras ocasións de gol. Unha vez superados os primeiros minutos o Arenteiro repuxose e comezou a despregar a súa mellor versión. As ocasións non tardaron en chegar froito do bo xogo dos de Javi Rey. Chacón estivo cerca de rematar un centro de Jordan, máis tarde Chacón volveuno a intentar e pouco despois triple ocasión: Manín, Ger e Chacón pero entre Bañuz e Fabio evitaron o 1-0, eso si, na mesma liña de gol. Máis tarde Jordan intentouno desde lonxe, e Cardero rematou de cabeza un bo centro de Pibe.

O Arenteiro foise ao descanso ca sensación de ter merecido ir por diante no marcador.

No segundo tempo Tiago entrou por un Pibe que non puido continuar debido a un golpe na cabeza. E a Cultural voltou a saír algo mellor, pero solo conseguiría ter unha verdadeira ocasión de perigo, tras un córner rexeitado por Pablo Brea.

O Arenteiro volveu a sumar grandes ocasións. Álvaro cun gran disparo cruzado e máis tarde serían Esquerdo e Tiago pero en ambas ocasións o esférico foise rozando a madeira. Tivo que ser o debutante Christian Santos o encargado de abrir a lata, foi a salida dun córner e aos dous minutos de entrar ao campo.

O Arenteiro acada a sétima plaza. O próximo encontro será o vindeiro sábado ás 19:00, de novo no Espiñedo, esta vez ante o Osasuna Promesas.

Leave a Reply