Con dereito a soñar (1-2)
Real Unión: Unai, Víctor Eimil (Marcos Luna, min 67), Iván Pérez, Montoro, Joseca, Beobide (Asier Córdoba, min 67), Quique Rivero, Íñigo Muñoz (Peru, min 67), Oyarzun (Asier Benito, min 67), Solís (Cerdá, min 75) y Antón Escobar.
Arenteiro: Diego García, Jordan (Lucas Sena, min 78), Javi Moreno, Pol Bueso, Álvaro Ramón (Berardozzi, min 89), Vitra, Esquerdo, Iván Ramos (Álex Cardero, min 64), Pibe (Tiago, min 78), Luis Chacón y Manín (Romay, min 89).
0-1 32′ Pibe, 0-2 48′ Manín, 1-2 85′ Peru Ruiz.
O Arenteiro convertiuse onte no terceiro equipo capaz de vencer nesta tempada no sempre complicado Stadium Gal de Irún. E non foi doado, pero desta vez os detalles decisivos foron a prol do Arenteiro.
Álvaro, en dúas ocasións e Chacón, foron quenes o intentaron para o Arenteiro. Escobar e Íñigo tiveron as máis claras para o Real Unión. Pasada a media hora chegou a xogada clave, penalti discutible a prol do Arenteiro e Pibe fai o 0-1. Os de Idiakez aínda tiveron outra ocasión antes de finalizar o primeiro tempo pero Esquerdo evitou males mayores.
Tras o paso polos vestiarios os de Javi Rey fixeron o 0-2 logo de unha boa xogada entre Esquerdo, Álvaro Ramón e Chacón que finalizou Manín. O Real Unión fixo 4 trocos, tomando moitos riscos pero sen provocar verdadeiro perigo a Diego García. Xusto cando máis dormido estaba o encontro Peru Ruiz fixo un gran gol que axitou un pouco os derradeiros minutos.
O Arenteiro recibirá ao Teruel o vindeiro sábado as 16:00 horas no Espiñedo.