Álex Fdez non continuará no Arenteiro
Álex Fdez non continuará no Arenteiro tras rescindir o seu contrato de mutuo acordo.
Álex chegou ao Espiñedo no 2020 e foi unha peza clave en tódolos éxitos acadados, superando os 100 partidos oficiais e converténdose no primeiro capitán.
Chega o momento de separar os nosos camiños e só podemos agradecerlle todo o feito durante estas tres tempadas e media.
Desexámoslle a maior das sortes no seu futuro profesional e persoal. Espiñedo sempre será a túa casa.