O Arenteiro recupera o sorriso (2-0)
Arenteiro: Diego García, Jordan, Javi Moreno (Sena, 90′), Germán, Álvaro Ramón, Vitra (Tiago 86′), Esquerdo, Iván Ramos (Pol Bueso 90′), Pibe (Álex Cardero, 71′), Luis Chacón y Miku (Manín 86′).
Barça Atlètic: Marc Vidal, Joan Anaya (Pau Prim 75′), Sergi Domínguez, Mbacke, Gerard Martín, Bernal, Aleix Garrido (Darvich 83′), Moha, Cuellar (Unai 63′), Pau Víctor y Percan.
1-0 39′ Luis Chacón, 2-0 75′ Álex Cardero.
Partidazo no Espiñedo para cerrar unha primeira volta histórica para o Arenteiro. Os de Javi Rey chegaban a cita co Barça Atlètic logo de catro derrotas consecutivas, e as dúas últimas bastante dolorosas. Malia os precedentes, os Verdes saíron ao terreo de xogo sen presión algunha e mostrando unhas ganas inmensas de voltar a sumar de tres.
E as ocasións non tardaron en chegar froito do bo xogo e empuxe dos locais, primero foi Miku quen cun forte disparo cruzado estreou a Marc Vidal, e pouco máis tarde foi Javi Moreno quen case marca o primeiro tanto da tarde. A zaga barcelonista foi quen de sacar o balón prácticamente na liña.
Os de Rafa Márquez monopolizaban a posesión de balón pero sen chegar a crear verdadeiras ocasións de perigo. Centros laterais e disparos de medio distancia foron as accións máis repetidas. Serían os do Carballiño quenes volveron a avisar cunha boa xogada entre Pibe e Chacón que voltou a rexeitar Marc Vidal.
Ata que no minuto 39 Luisiño Chacón firmou un auténtico golazo desde a frontal do área para facer o 1-0. Así chegaríamos ao tempo de lecer.
A segunda parte foi bastante similar, posesión para o Barça, ocasións para o Arenteiro. Chacón estivo moi cerca de firmar o seu segundo tanto da tarde e Miku volveu a ter unha gran ocasión de gol, pero sería o debutante Álex Cardero quen sentenciaría o encontro. Diego García xoga en longo, Chacón fai un control escandaloso e Iván Ramos cede para Cardero, quen desde o punto de penalti non perdoa.
O Arenteiro pecha unha primeira volta de moito mérito, logo de competir contra todos os rivais e conseguir 26 puntos. O seguinte encontro será contra o Real Unión, o vindeiro domingo ás 12:00 horas no Stadium Gal.