O Arenteiro vence ao Sabadell e colócase sétimo (2-0)

Arenteiro: Diego García, Jordan, Javi Moreno, Ger, Álvaro Ramón, Vitra, Esquerdo, Iván Ramos (71′ Romay), Chacón (84′ Juan Delgado), Pibe (84′ Tiago), Miku (64′ Manín).

Sabadell: Ortolá, Jon Ander, Resta, Herrero, Nando (83′ Doménech), Astals, Moyano (83′ Beitia), Callejón (63′ Kopotun), Carrión (87′ Naranjo), Manel Martínez, Herrera (63′ Gualda).

Nova cita no Espiñedo e nova vitoria dun Arenteiro que vive o mellor momento da súa historia. E iso que nin o frío nin a choiva quixeron perderse o encontro, pero tampouco os sempre leais aficionados do conxunto verde, e ca súa axuda todo é máis sinxelo. A mellorada versión fóra da casa non mengua a imparable dinámica no Carballiño, e o resultado é o sétimo posto acadado na noite do pasado domingo.

Os de Javi Rey voltaron a mostrar unha boa versión, comandados por un excelso Esquerdo na sala de máquinas, cun insuperable Javi Moreno na zaga, ca parella de moda -Pibe e Chacón- facendo das súas e co enésimo gol de Manín. Todo hai que decilo, o Sabadell tuvo as súas opcións, e nalgunha ocasión con máis demérito noso que mérito do conxunto catalán, pero o bo momento do Arenteiro terminou por ser decisivo unha vez máis. Chegando ao minuto 42 un centro preciso de Pibe á cabeza de Chacón significou o 1-0. Ambos protagonistas xa avisaran minutos antes cunha xogada idéntica.

No segundo tempo, cun Arenteiro menos ofensivo, non sucederon demasiadas cousas. Ata que, chegado case o último cuarto de hora do partido, Álvaro Ramón asistiu e Manín, de taco, sentenciou a vitoria. Aínda houbo tempo para o terceiro, pero Tiago non foi quen de rematar logo dunha xogada individual de moito mérito.

O Arenteiro acada a súa terceira vitoria consecutiva e sitúase sétimo na táboa. A próximo encontro terá lugar no Espiñedo o vindeiro mércores ás 16:00 horas. A xornada 16 de Primera RFEF será o domingo ás 20:00 horas no Cerro do Espino ante o Raio Majadahonda.

Leave a Reply