O Arenteiro mostra coraxe e bo xogo ante a Real Sociedad (2-2)

Real Sociedade B 2-2 Arenteiro | 23′ Azkune, 43′ Rupérez, 61′ Chacón, 75′ Manín.

Real Sociedade B: Ayesa, Rupérez, Peru, Cantero, Zoilo, Dadie (56′ Ochieng), Gorrotxategi, Balda (56′ Fiabema), Eder García (69′ Camara), Azkune, Goti (70′ Beitia).

Arenteiro: Diego García, Ger, Javi Moreno, Pol Bueso (45′ Jordan), Álvaro Ramón, Tiago (45′ Vitra), Esquerdo (70′ Iván Ramos), Pibe, Chacón, Markitos (45′ Manín), Miku (86′ Romay).

Oso duro de roer o que tiña enfronte o CD Arenteiro na tarde do sábado, nin máis nin menos que a Real Sociedade B, líder invicto do grupo. Aínda que o mesmo poderían pensar no conxunto vasco xa que o equipo do Carballiño chegaba a Donostia tras sufrir só unha derrota non seus últimos 7 encontros e, a propósito, foi visitando a un dos conxuntos máis en forma da categoría: a Cultural Leonesa.

Comenzou mellor o conxunto local e non tardaría en materializar a súa superioridade. No minuto 23 Azkune aproveitou un mal rexeite de Pol Bueso para facer o 1-0. Os de Javi Rey rápido reaccionaron e estiveron a piques de empatar o encontro. As máis claras, un remate de Miku e un dobre intento de Pol Bueso. A pesar de todo serían os de Sergio Francisco os que volverían golpear. Rupérez, cunha maniobra maravillosa, golpea dende a frontal e fai o 2-0.

O 2-0 era demasiado castigo para os nosos pero en lugar de virse abaixo o Arenteiro sacou a relucir a súa mellor versión. E todo comenzou polo banquillo, Javi introduciu un triple troco no tempo de lecer. Jordan, Manín e Vitra ao verde… e saliulle as mil maravillas.

O Arenteiro convertiuse nun verdadeiro vendaval, Chacón, Miku e Vitra deron os primeiros avisos. O intento de Luisiño foi repelido por unha gran ataxada de Ayesa, mentres que a Miku detivoo a madeira. O seguinte xa non foi aviso. Córner pasado, Esquerdo faise co esférico e mete un centro raso e tenso que Chacón aproveita para facer o 2-1. Mais esto non ía quedar esí, o cadro verde insistiu e Manín estivo moi cerca de empatar logo dun centro de Vitra. Rexeitouno a defensa. E, como sucedera con Chacón, a primera foi de aviso, a segunda xa non. Robo e centro perfecto de Jordan e o dianteiro andaluz mete a bota e fai o 2-2.

Premio máis que merecido para un Arenteiro que, sendo xustos, ben mereceu a vitoria. Punto que segue a reforzar a mentalidade e a dinámica do equipo, e que nos acerca un pouco máis a salvación.

O Arenteiro recibirá á UE Cornellà o vindeiro sábado 18 de novembro ás 19:00 horas no Espiñedo.

Leave a Reply