O Arenteiro deixase dous puntos no engadido (1-1)

Arenteiro 1-1 Fuenlabrada | 76′ Chacón, 92′ Ilies.

Arenteiro: Diego García, Ger, Pol Bueso, Javi Moreno, Álvaro Ramón, Vitra (58′ Esquerdo), Tiago (89′ Juan Delgado), Pibe (78′ Manín), Chacón (89′ Romay), Markitos (78′ Jordan), Miku.

Fuenlabrada: Javi Díaz, Alba, Lama, Sotillos, Vigaray (70′ Durán), Galindo (87′ Bravo), Buer, Barbosa, Fer Ruiz, Diego Gómez, Sergio Benito (78′ Ilies).

Arenteiro e Fuenlabrada enfrontáronse nun encontro marcado pola choiva, o vento e o frío. Condicións climatolóxicas que afectaron, obviamente, ao terreno de xogo de Espiñedo, convertindoo nun auténtico barrizal.

Así pois, a práctica do fútbol fíxose case imposíbel, predominando o xogo directo e a búsqueda do erro rival entre ambos conxuntos. A consecuencia disto, tardamos e bastante en poder ver a primeira ocasión de verdadeiro perigo, e foi, quen sino, Pibe, cun disparo ca súa perna esquerda dende a frontal do área que rematou na madeira.

Logo do tempo de lecer o encontro continou polo mesmo camiño, ata que no minuto 76′ xuntáronse os meniños para facer trasgadas. Markitos baixou co tacón un balón directo de Diego García, Pibe desfíxose de 3 rivais como se de benxamíns se tratase e Chacón fixo o gol logo dun control maravilloso. 1-0. O cadro verde acercábase a semana perfecta; 3 partidos 3 victorias, pero Ilies tiña outros plans. No minuto 92 e logo dunha serie de malos despexes o conxunto madrileño empataba o encontro e deixaba ‘unha sensación un pouco estraña’ no Espiñedo, como recoñeceu Javi Rey na rolda de prensa.

Non obstante, a semana do Arenteiro foi moi boa, 4 puntos de 6 posibles, 12º posto e clasificación a 2ª rolda da Copa do Rei.

O Arenteiro visitará a Real Sociedade B o vindeiro sábado ás 18:00 horas.

Leave a Reply