Ao Arenteiro non se lle atraganta a Copa (0-1)

Real Avilés Industrial 0-1 Arenteiro | 32′ Markitos

Real Avilés Industrial: Armengol, Trabanco, Mauro, Del Amo, Serrano, Alorda (74′ Cerro), Khvedelidze, Espina, Del Pino (65′ Medina), Poquet (65′ Davo), Mecerreyes (74′ Jorge).

Arenteiro: Pablo Brea, Jordan, Javi Moreno, Ger, Berardozzi, Tiago (64′ Vitra), Esquerdo, Markitos (81′ Pol Bueso), Iván Ramos (76′ Miku), Juan Delgado (76′ Romay), Manín (64′ Chacón).

Terceiro ano consecutivo participando na Copa do Rei, e terceiro ano consecutivo no que se acada a 2ª rolda. Primeira victoria a domicilio na Copa do Rei na historia do clube. Feitos que deben enorgullecer ao aficionado do Arenteiro e do fútbol ourensan e galego en xeral. O Arenteiro non cesa de sumar momentos históricos.

Pero que ninguén pense que a eliminatoria foi fácil de superar, xa que o Real Avilés Industrial, rival máis que coñecido para os nosos, vendeu a súa piel moi cara, facendo sufrir ao cadro verde ata o final.

O comezo do partido foi especialmente bo para o conxunto local, e o encontro en xeral. Fixeron que os de Javi Rey non estivesen cómodos pero as áreas marcaron a diferenza. Pablo Brea estivo fenomenal e Markitos, logo dunha boa internada de Juan Delgado pola banda esquerda, fixo o único gol do partido. Cabe resaltar que o mesmo Juan Delgado tivo a oportunidade de facer o 0-2 no minuto 44 desde o punto de penalti pero David Armengol detivo o seu intento.

O segundo tempo foi bastante parecido ao primeiro, o Real Avilés non deixou de intentalo e Pablo Brea fixo intervencións de merito. En resumo, os do Carballiño foron máis eficaces e xogarán a segunda rolda da Copa.

O sorteo da 2º rolda terá lugar o próximo martes día 7 de novembro nas Rozas.

Leave a Reply