Un vendaval chamado Arenteiro (4-0)
Arenteiro 4-0 Unionistas | 3′ Miku, 54′ Álvaro Ramón, 66′ Manín, 73′ Esquerdo.
Arenteiro: Diego García, Ger, Pol Bueso (78′ Tiago), Javi Moreno, Álvaro Ramón, Vitra, Esquerdo, Pibe (74′ Jordan), Chacón (78′ Iván Ramos), Markitos (64′ Manín), Miku (78′ Juan Delgado).
Unionistas: Iván Martínez, Carlos Giménez (77′ Camus), Mayor, Adrián Gómez (64′ Slavy), Ekaitz (46′ Rojo), Villar, Tur (46′ Rastrojo), Serrano, Teijeira, Álvaro Gómez (46′ Nespral), Mario Losada.
Arenteiro e Unionistas enfrontábanse nun duelo directo, e os de Javi Rey, sabedores da importancia de gañar en Espiñedo, foron un auténtico vendaval. Xa desde os primeiros segundos do encontro os locais foron a buscar a porta de Unionistas, e logo de casi tres minutos de acoso e derrubo, encontraron o 1-0 a través de Miku.
O cadro visitante tentou reaccionar e tivo bastante protagonismo co balón durante boa parte do primeiro tempo, pero sería o Arenteiro quen gozaría das mellores ocasións no tramo final do primeiro acto, principalmente a través de Ger.
Logo do tempo de lecer os nosos continuaron creando ocasións de perigo e o segundo gol non tardou en chegar, esta vez sería Álvaro Ramón o autor logo dunha fermosa xogada de Luis Chacón. A escuadra salmantina non compadeceu máis no encontro e os de Javi Rey foron quen de aproveitalo. E falando de aproveitar… ninguén mellor que Manín, ao dianteiro andaluz sobráronlle dous minutos no verde para volver a mollar. 3-0.
Pero esto non ía ser todo, Vicente Esquerdo, quen volveu a xogar un partido de dez, fixo o 4-0 cun gran golpeo. Pouco máis que engadir sobre o tramo final, onde o máis reseñable foi un dereitazo de Iván Ramos a madeira.
O Arenteiro recibirá ao Fuenlabrada o sábado 4 de novembro ás 19:00 horas.