Miku deixa os tres puntos no Espiñedo (1-0)

Arenteiro 1-0 Sestao River | 97′ 1-0 Miku

Arenteiro: Diego García, Jordan, Pol Bueso (71′ Javi Moreno), Ger, Álvaro Ramón, Vitra (82′ Álex Fdez), Esquerdo, Pibe (89′ Iván Ramos), Chacón, Manin (71′ Markitos), Miku.

Sestao River: Pere García, Gaizka, Mirapeix, Adrián León, Etxebarria (74′ Carbonell), Garai (93′ Lobato), Corbalán, Álvaro Mateo, Uriarte (74′ Aranzabe), Dopi (60′ Guruzeta), Jon Cabo (60′ Leandro Martínez).

Árbitro: Fernando Román

Encontro moi intenso entre Arenteiro e Sestao River Club, pero con moi poucas ocasións de gol e sen disparos a porta. Os de Javi Rey foron de menos a máis e co paso dos minutos monopolizaron o esférico, pechando o primeiro acto cunha boa ocasión de gol a través dun disparo de Esquerdo.

Logo do tempo de lecer o guión no encontro foi moi parecido. O conxunto encontrábase cómodo pero non chegaba a xerar verdadeiras ocasións de perigo. E cando xa parecía que o luminoso non se ía mover, apareceu Miku para deixar os tres puntos no Espiñedo.

Tres puntos importantísimos que sacan ao Arenteiro dos postos de descenso no peche da xornada 8.

O Arenteiro visitará á Cultural Leonesa o sábado 21 de outubro ás 20:00 horas.

Leave a Reply