Vicente Esquerdo, nova fichaxe do Arenteiro

Vicente Esquerdo (Calpe, 1999) xa é novo xogador do Arenteiro.

O centrocampista chega libre tras xogar prácticamente toda a súa carreira no Valencia C.F, agás unha tempada no Castellón.

Vicente ten tan só 24 anos e chegou a xogar ata 7 partidos na Liga co Valencia. Tamén xogou 6 partidos na Copa do Rei, onde chegou a marcar e asistir, aparte de xogar incluso a Youth League. Suma máis de 6.000 minutos entre a antiga 2ª B, Primeira e Segunda RFEF. Sen dúbida unha fichaxe moi interesante.

Vicente, xa formas parte desta familia! Benvido ao Arenteiro!

Leave a Reply