Comunicado oficial: Curro Rivelott
Información sobre a lesión de Curro Rivelott, producida no #OsasunaBArenteiro do pasado sábado.
Logo dunha primeira exploración no Centro Médico El Carmen determínase que Curro Rivelott sofre unha hemartrosis no seu xeonllo esquerdo con sospeita de rotura do ligamento cruzado anterior e menisco interno.
O xogador será sometido a unha resonancia magnética nos vindeiros días.