O Arenteiro suma o seu primeiro punto fóra da casa (0-0)

Osasuna Promesas 0-0 CD Arenteiro

Osasuna Promesas: P. Valencia, Adama, I. Garriz, Osambela, Agirre (58′ Bujan), Ander Yoldi, G. Molina, Eneko, Svensson, Jon García (58′ Mauro), Michelis.

Arenteiro: Diego García, Jordan, Markitos (65′ Álvaro Ramón), Álex Fernández (C), Curro (31′ Chacón), Tiago (77′ Juan Delgado), Ger, Miku, Vitra, Pibe (77′ Pol Bueso), Berardozzi (65′ Iván Ramos).

Árbitro: Ramo Andrés

Encontro moi igualado o que acabamos de vivir no Tajonar entre o Osasuna Promesas e o Arenteiro. Os primeiros compases non gozaron de grandes ocasións, ata que Svensson avisou cun gran disparo que lameu a madeira de Diego. No minuto 31 Javi Rey viuse obligado a facer o primeiro troco logo da lesión de Curro, dando entrada a Luis Chacón e retrasando a Tiago ao dobre pivote. Álex Fdez tuvo a mellor ocasión dos verdes pero Palencia respondeu cunha gran parada.

Logo do tempo de lecer o Arenteiro voltou a ter unha gran ocasión a través dun remate de Miku pero Palencia (de novo) e a madeira lograron evitar o 0-1. Os de Javi Rey voltaron a bicar a madeira no tramo final do encontro, pero sería o conxunto local o último en gozar dunha estupenda ocasión para levarse os tres puntos. Non obstante, Diego García (un día máis) estivo a altura e evitou o gol rojillo.

Deste xeito, o Arenteiro acada o seu primeiro punto na Primeira RFEF lonxe de Espiñedo.

O próximo sábado 16 de setembro o Arenteiro enfrontarase ao Real Unión en Espiñedo as 19:30 horas.

Leave a Reply